domingo, 18 de enero de 2009

III CICLO DE CONCERTOS: AS MÚSICAS CONTEMPORÁNEAS (outubro a decembro de 2007)

INTRODUCIÓN

Estamos xa na terceira edición dos Concertos didácticos da Universidade da Coruña. Non dubiden de que este vicerreitor acenderá feliz as tres velas xunto ao seu equipo da área de cultura. Tres anos en marcha son boa proba da súa vitalidade e tamén, ai, da súa viabilidade. Comprendan que non é o mesmo tirar de axencias ou de chequeiro que facelo, como o facemos nós, con máis entusiasmo e imaxinación que medios materiais. É xusto conceder a cada quen o seu mérito nesta empresa e, por esa razón, debo salientar, máis unha vez, o papel decisivo do noso coordinador musical Julián Jesús Pérez Fernández, en quen se concentran entusiasmo, saber e gusto.

Pasamos este ano a paisaxes sonoras contemporáneas. O plural é axeitado, pois a música que percorre o século vinte ata os nosos días non se deixa reducir facilmente a unha soa tradición, como non o fai en pintura ou en literatura. Abondaría con pensar nas tradicións da modernidade que xorden da radicalidade minimalista –só formalista?‑ de Malévich ou de Mondrian e comparalas coas que proceden da exuberancia narrativa –tamén literaria?‑ de Matisse ou do mesmo Picasso, por non falarmos da coexistencia actual entre os vídeos ou as instalacións dos conceptuais puros e quen, como Barceló, non temen revivir a liña dos pintores de catedrais.

Acáelle o plural anterior a este ciclo? Non temos en programa a Stockhausen, a Penderecki ou a Schnitze, ben é certo, e alguén poderá dicir que ficamos curtos ou que somos uns eclécticos. Non esquezan, en calquera caso, que a crianza ten só tres anos e hai tempo e ilusión de abondo por diante.

Si quixera facer fincapé nun aspecto do ciclo que ten o máximo interese para nós e que, co apoio de todos vostedes, desenvolveremos aínda noutros formatos de concerto, pois o consideramos unha obriga: a estrea de diversas obras de compositores galegos vivos.

A decoración cambia. O aparador con espello de azougue picado da bisavoa cede o seu lugar a unha tumbona de aceiro e pel de Le Corbusier. Mais nós, como vostedes, procuramos horizontes amplos e amamos viaxar por todos os países da música, movidos sempre pola curiosidade e o pracer.

Luís Caparrós Esperante

Vicerreitor de Extensión Universitaria e Comunicación

PROGRAMA XERAL

Os concertos e conferencias realizaranse ás 20.30 h.


PRIMEIRO CONCERTO: mércores, 17 de outubro de 2007

“Dúos para violín e arpa na transición ao século XX”

INTÉRPRETES: Grupo Instrumental Siglo XX

Violín: Florian Vlashi, Arpa: Céline Landelle

LUGAR: Paraninfo da Reitoría, A Coruña

SEGUNDO CONCERTO: mércores 24 de outubro de 2007

“O repertorio contemporáneo para frauta e guitarra”

INTÉRPRETES: dúo de Frauta e Guitarra

Frauta: Juan José Dios Cañada, Guitarra: Óscar Iglesias

LUGAR: Paraninfo da Reitoría, A Coruña

CONFERENCIA : sábado 27 de outubro de 2007

"O nacemento do pop: un desvío á contemporaneidade"

Por conta de Xosé Crisanto Gándara Eiroa, musicólogo

LUGAR: Auditorio do Conservatorio Profesional de Música de Ferrol

TERCEIRO CONCERTO: martes 6 de novembro de 2007

“O século XX nas obras para violoncello e piano”

INTÉRPRETES: dúo de Violoncello e Piano

Violoncello: Carlos García Amigo, Piano: Julio Mourenza

LUGAR: Paraninfo da Reitoría, A Coruña

CUARTO CONCERTO: sábado 10 de novembro de 2007

“Visións contemporáneas no repertorio para grupo de metais”

INTÉRPRETES: Grupo de Metais “Santa Cecilia”, de Ferrol

LUGAR: Auditorio do Conservatorio Profesional de Música de Ferrol

CONFERENCIA - CONCERTO: mércores 14 de novembro de 2007

"Historia do violín desde as súas orixes ata os nosos días: de Bach a Xenakis"

Por conta de Florian Vlashi, violinista

LUGAR: Paraninfo da Reitoría, A Coruña

QUINTO CONCERTO: mércores 21 de novembro de 2007

"Tríos con piano de R. Groba e D. Shostakovich"

INTÉRPRETES: Ensemble da Fundación Rogelio Groba

Violín: Rogelio Groba Otero, Violoncello: Clara Groba Otero, Piano: Julio Mourenza

LUGAR: Paraninfo da Reitoría, A Coruña

SEXTO CONCERTO: sábado 1 de decembro de 2007

“Entre dous séculos: Cuartetos con clarinete”

INTÉRPRETES: "Quidam Trio" (Violín, clarinete e piano)

Violín: Beatriz Rodríguez Caridad, Clarinete: Mariola Gil Lago,

Piano: José Manuel Yáñez Carballeira

LUGAR: Auditorio do Conservatorio Profesional de Música de Ferrol

Organizan:

Universidade da Coruña

Vicerreitoría de Cultura e Comunicación-Aula de Música

Colaboran:
Conservatorio Profesional de Música de Ferrol
Supervisión lingüística: Servizo de Normalización lingüística da UDC

viernes, 17 de octubre de 2008

II CICLO: A MÚSICA DE SALÓN (outubro-decembro 2006)

INTRODUCIÓN

Neste curso 2006-2007, a Universidade da Coruña continúa os seus ciclos de Concertos Didácticos, dedicado esta vez á música de salón, como no curso anterior se dedicara á voz humana. A etiqueta de música de salón avivará no lector a estampa dun interior decimonónico, como aquel onde, en penumbra, unha arpa becqueriana agardaba a man de neve. Porén, sen renunciar a ese momento exquisito da música compartida entre poucos e cun aroma burgués xa murcho, a aposta de Julián Pérez, o coordinador da nosa Aula de Música, percorre etapas anteriores e posteriores, do Barroco ao século XX, e abre as xanelas a un público curioso, universitario e non universitario, que en definitiva xustifica o título xénerico destes ciclos, o de Concertos Didácticos.

Son consciente das dificultades, e non penso agora nas materiais, que coa aportación da propia UDC e a axuda da Deputación poden ser asumidas. A principal dificultade está en atraermos a esta música aos mozos e mozas que acoden a diario ás nosas aulas. Non é momento para discutir as causas do seu desinterese, mais, de certo, é importante a grave carencia en educación musical básica que uns e outros padecemos. Tamén por iso falaba antes de “público curioso”. Conformaríame, como vicerreitor encargado das actividades culturais da UDC, en avivar a natural curiosidade da xente nova por unha música que abre horizontes vitais e estéticos máis amplos, e non quero dicir máis fermosos, dos que estritamente nos toca vivir como peóns do século XXI. Quixera, en definitiva, que estas músicas de salón, como un aire que ven de lonxe e vai para lonxe, romperan os estreitos e sempre limitados muros do inmediato.

Luís Caparrós Esperante
Vicerreitor de Extensión Universitaria e Comunicación

PROGRAMA XERAL

Os concertos e conferencias celebraránse ás 20.30 h.

PRIMEIRO CONCERTO: sábado, 14 de outubro de 2006

“O Barroco e o Clasicismo na música para Piano a catro mans”

Obras de J. S. Bach, W.A. Mozart, J. Tadeo de Murguía, L. van Beethoven e F. Schubert

INTÉRPRETES: Dúo de piano a catro mans
Piano: Genaro Fernández e José Manuel Yáñez Carballeira

LUGAR: Auditorio do Conservatorio Superior de Música da Coruña


SEGUNDO CONCERTO: sábado, 21 de outubro de 2006

“Compositores centroeuropeos no exilio: dúos para Clarinete e Piano”

Obras de V. Babin, R. Muzczynski, B. Martinu, K. Penderecki, J. Horowitz

INTÉRPRETES: Dúo de clarinete e piano
Clarinete: Mariola Gil Lago Piano: Genaro Fernández Fernández

LUGAR: Auditorio do Conservatorio Profesional de Música de Ferrol


CONFERENCIA :“A Música de Salón na Coruña do século XIX”

Por conta de Rosa María Fernández García, doutora en Musicoloxía

DATA: mércores, 25 de outubro de 2006

LUGAR: Salón de Actos do CUR (Centro Universitario de Riazor)


CONFERENCIA: “Estilos interpretativos e Música de Salón:
a pervivencia dunha tradición ”

Por conta de Xosé Crisanto Gándara Eiroa, musicólogo

DATA: sábado, 28 de outubro do 2006

LUGAR: Auditorio do Conservatorio Profesional de Música de Ferrol


TERCEIRO CONCERTO: sábado, 4 de novembro de 2006

“Do Clasicismo ao Romanticismo en Centroeuropa. Obras para Trío”

Obras de W.A. Mozart, R. Schumann e M. Bruch

INTÉRPRETES: Trío de clarinete, viola e piano

Clarinete: Marta Sancho Andrés
Viola: Javier Escobar
Piano: Carmen Carreiras

LUGAR: Auditorio do Conservatorio Profesional de Música de Ferrol


CUARTO CONCERTO: mércores, 8 de novembro do 2006

“O século XX nos dúos para Saxofón e Piano”

Obras de R. Boutry, J. Charpentier, R, Alís e P. Creston

INTÉRPRETES: Dúo de saxofón e piano
Saxofón: Alejandro Cabalar
Piano: Laura Díaz

LUGAR: Auditorio do Conservatorio Superior de Música da Coruña


QUINTO CONCERTO: sábado, 11 de novembro do 2006

“Cuartetos con Piano de Mozart e Schumann”

Obras de W.A. Mozart e R. Schumann

INTÉRPRETES: “Piano Quartet” (Cuarteto con piano)
Violín: Jorge Montes
Viola: Raymond Arteaga
Violonchelo: Juan Antonio Almarza
Piano: Pedro Fernández Roque

LUGAR: Auditorio do Conservatorio Superior de Música da Coruña


SEXTO CONCERTO: sábado, 18 de novembro do 2006

“A Canción de concerto española e galega”

Obras de J. Castro "Chané", J. Montes, J. Baldomir, E. Toldrá,
A. García Abril, F. García Lorca e J. Rodrigo

INTÉRPRETES: “Capriccio Vocale”
Soprano: Olga Raíces
Barítono: Fernando Enseñat-Berea
Piano: Julián Jesús Pérez

LUGAR: Auditorio do Conservatorio Superior de Música da Coruña

Organizan:
Universidade da Coruña
Vicerreitoría de Extensión Universitaria
Aula de Música da UDC

Colaboran:
Excma. Deputación Provincial da Coruña
Conservatorio Superior de Música da Coruña
Conservatorio Profesional de Música de Ferrol

Supervisión lingüística: Servizo de Normalización Lingüística da UDC

sábado, 11 de octubre de 2008

I CICLO: A VOZ HUMANA (outubro-novembro 2005)


INTRODUCIÓN


A proposta ten como obxectivo achegar a Música Clásica aos universitarios, especialmente aos estudantes, combinando o interese didáctico – aprender a escoitar – co goce puramente estético. Alén disto, polas características, a localización e a publicidade dos ciclos, estes procuran tamén ao cidadán non universitario, mais con curiosidade e con inquedanzas culturais.

Cada ano, o ciclo irá dedicado á presentación dunha modalidade musical como pode ser a voz humana, tema da primeira edición. Preténdese que haxa períodos completos de catro anos, duración que teñen de media as licenciaturas actuais, de modo que un estudante poida licenciarse cunha formación musical básica que lle permita logo aproveitar mellor a oferta musical que se lle ofrece desde a cidade.

Importa moito adaptar a presentación de cada concerto ás características dun público novo e universitario. A informalidade vai da man da seriedade e da calidade dos contidos, xa que cada presentador introduciría as características da música que se interprete e a natureza das voces e dos instrumentos que interveñan en cada actuación pública.

Se temos en conta que a actividade se formula desde unha visión didáctica, consideramos moi interesante a presentación dunha charla específica sobre diversos xéneros vocais e que se ilustrará con gravacións de profesionais moi relevantes na Historia do Canto.

Trátase de preparar os oíntes en formación para unha audición consciente e un maior goce das obras que vaian escoitar.

Luís Caparrós Esperante
Vicerreitor de Extensión Universitaria e Comunicación


PROGRAMA XERAL

Primeiro Concerto: A Voz de Mezzosoprano

Lugar: Igrexa da Venerable Orde Terceira
Data: sábado 15 de outubro do 2005
Hora: 20.30 h.

Obras de R. Schumann, A. Gaos Berea, V. Martín y Soler, V. Bellini,
M. Castillo, J. Durán, A. López Artiga, R. Halffter e J. Serrano

Intérpretes: Conchita Fraga, Mezzosoprano
Javier Chao, Piano


Conferencia: O Lied e a Aria de Ópera

Por parte de D. Julio Andrade Malde, crítico musical. Ex-corresponsal das revistas Scherzo en París e Ritmo en Buenos Aires. Corresponsal na Coruña de Scherzo. Autor de artigos en revistas especializadas e en publicacións sobre temas musicais: La Banda Municipal de A Coruña y la vida musical de la ciudad e o capítulo dedicado a Brahms na Enciclopedia Salvat Grandes Compositores en colaboración co seu irmán Roberto Andrade Malde

Lugar: Paraninfo da Universidade
Data: mércores 19 de outubro do 2005
Hora: 20.30 h.


Segundo Concerto: A Voz de Tenor

Lugar: auditorio do Conservatorio Superior de Música
Data: sábado 29 de outubro do 2005
Hora: 20.30 h

Obras de G.F. Händel, L. van Beethoven, F. Schubert, R. Schumann, F. Obradors, M. de Falla,
J. Castro "Chané", W.A. Mozart, G. Donizettil. J. Massenet, F. Cilea, Soutullo y Vert e Sorozábal

Intérpretes: José Antonio Campo, Tenor
Severino Ortiz, Piano


Terceiro Concerto: A Voz de Soprano

"Músicos no Exilio"

Lugar: auditorio do Conservatorio Superior de Música
Data: sábado 5 de novembro do 2005
Hora: 20.30 h.

Obras de M. de Falla, P. Hindemith, F. Mompou, H. Eisler, R. Halffter, K. Weill e F. García Lorca

Intérpretes: Anna Escala, Soprano
Ivonne Vollmer, Piano

Organizan:
Universidade da Coruña
Vicerreitoría de Extensión Universitaria
Aula de Música

Colaboran:
Igrexa da Venerable Orde Terceira
Conservatorio Superior de Música da Coruña